anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXCIX

Esta .CCCXCVIIII. é como ena vila d'Elvas a moller quiso matar seu fillo e meteu-lle ha agulla pela cabeça, e apareceu-lle Santa Maria ante que o matasse e disse-lle que tomasse pedença.

Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Ca ben assi cada dia lle creçe vertude,
como creç' a Deus, seu Fillo, assi el m'ajude;
e porende o poder dela e u del recude
a creçeren en ben sempre e toller nemiga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Porend' un miragre dela direi muy fremoso
que mostro[u] na vila d'Elvas, e maravilloso,
a ha moller mui pobre, e des i astroso,
que quisera dun seu fillo seer emiga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Ela se preçava muito de sa fremosura,
e avia hun seu fillo, bela creatura;
mais tanto cobiiçava a fazer loucura,
que non dava por mata-lo sol ha formiga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Ond' avo que un dia, seend' enserrada
en sa casa, foi cuidando muit' a malfadada
como matass' o menino; ca desenbargada
seria se o colgasse sequer da viga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

E pois cuidou muit' aquesto, fillou eno braço
o menino e deitó-o eno seu regalo,
buscando redor si pedra; e achou un malo,
e fillou ha agulla longa com' espiga,
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

E diss' assi: «Par Deus, fillo, mui pouco me presta
de perder por ti meu tenpo». E logo na testa
lle foi põer a agulla, e diss': Oge festa
será pera mi ta morte». Mais a que abriga
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Os pobres e os coitados pareçeu-lle logo,
seend' as portas serradas, e diss': «Eu te rogo
que non mates o menino, mais a un moogo
te vay confessar correndo. Ca Deus, que castiga
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Os maos feitos, dar-t-ia porende maa morte,
e levaria o demo ta alma en sorte;
mais contra todas tas coitas darei gran conorte;
poren maa voontade de ti derrayga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

E poren fill' a teu fillo nos braços privado
e vay log' aa ygreja dizer teu pecado,
e tan toste nas tas coitas porrei eu recado;
e come moller non faças maa que se triga
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

A ffazer mal ssa fazenda». E foi-ss' a Reynna
dos çeos, pois ll'esto disse. E log' a mesquinna
maenfestou-s' e en orden entrou muit' aginna,
e contra o demo froque vestiu por loriga.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

Quantos aque[ste] miragre tan grande souberon
a Santa Maria graças logo poren deron;
des i aquele menino criar-o fezeron,
e a madre polo demo non deu ha figa.
Quen usar na de Deus Madre falar e amiga,
non lle falirám razões muy bõas que diga.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical