anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CDXV

Esta quinta é de como o angeo Gabriel vo saudar a Santa Maria, e esta festa [é] no mes de março.

Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

Esta tro[u]x' o angeo Gabriel
a Santa Maria come fiel
mandadeiro, por que Emanuel
foi logo Deus e pres encarnaçon.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

Ca ben ali u lle diss' el «Ave»
foi logo Deus ome feit', a la ffe;
e macar el atan poderos' é,
ena Virgen foi enserrad' enton.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

E u «Graçia plena» lle dizer
foi o angeo, nos fez connosçer
a Deus, que non podiamos veer
ante; mais pois vimos ben sa fayçon.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

E u lle disse «Contig[o] é Deus»,
enton foi prenne do que polos seus
salvar quis morte prender per judeus,
por nos tirar da infernal prijon.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

E u lle disse «Beyta es tu
entr' as molleres», logo de Jhesu
Cristo foi prenne, que naçeu pois u
tres Reys lle deron cada un seu don.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

E u lle disse: «Beeyto será
aquel fruito que de ti naçerá»,
ali nos deu carreira por que ja
ouvessemos sempre de Deus perdon.
Tan beyta foi a saudaçon
per que nos vemos a salvaçon.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical