anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CDXXIII

Esta primeira é de com' el fez o çeo e a terra e o mar e o sol e a la e as estrelas e toda-las outras cousas que son, e como fez o ome a sa semellança.

Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

Por nos fez el ceo, terra e mar,
ea pera ssi non avia mester;
e quen aquesto creer non quiser,
a piedade de Deus quer negar.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

De com' el fez a luz e a criou,
ben semella seu feit', amigos meus;
pero mas foi u por salva-los seus
o seu lume na Virgen ensserou.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

[E] u os ceos fez e estendeu,
ben semella obra de mui gran sen;
mas mayor foi , a queno catar ben,
u por seer ome deles deçendeu.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u a terra fez, mostrou ben qual
poder avia; mas quen comidir,
por mais terrá u por nos reimiir
andou en ela e sofreu gran mal.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer..

E u a la e o sol qu' é luz
criou, grand' obra e mui nobre fez;
pero mais foi u chus negros ca pez
tornaron u por nos pres mort' en cruz.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u as estrelas fez, de certo sei
que en faze-las non fillou afan;
pero mais foi u per elas a pran
dos Reis foi aorado por Rey.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u os peixes, per com aprendi,
criou das aguas, com' escrito jaz,
gran cousa foi; mas mui mayor assaz
u sobr' elas andou por nos aqui.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u as aves, com' el por ben vyu,
que voassen no aire fazer quis,
muito foi; mas desto vos faço fis
que mais fez por nos u per el subiu.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u bestias, per com' o escrito diz,
fez de naturas muitas mais ca mil,
muito foi; pero mais u eno vil
presev' ontr' elas jouv' o mui fiiz.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

E u fez ome apost' e mui bel
a que deu entendiment' e razon,
muito foi ; pero mais u pres paxon
polo salvar e morte mui cruel.
Como podemos a Deus gradeçer
quantos bes el por nos foi fazer.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE