anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA XCII

Como Santa Maria alumeou un crerigo que era cego.

Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

Ca de dar lum' á gran poder
a que o lum' en si trager
foi, que nos fez a Deus veer,
que per al non viramos ja.
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

E esta Virgen santa deu
pois lum' a un crerigo seu
que perdera, com' aprix eu,
que non vii' acá nen alá.
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

E tan toste se fez fillar
e aa eigreja levar
da Virgen que non ouvo par
de bondade, nen averá.
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

E chorando de coraçon,
fazia atal oraçon
en gollos con devoçon,
dizendo: «Sennor, que será
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

Daqueste lume que perdi?
E porende venno a ti
que mio cobres, sequer ali
u a ta missa sse dirá».
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

Enton logo ss' adormeceu,
e a Virgen ll' apareceu,
que aos seus non faleceu
nunca ja nen falecerá.
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

E disse-ll' enton: «Logo cras
mannãa mia missa dirás
con devoçon, e cobrarás
teu lum', e que te durará
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

Ta que a missa dita for;
ca assi quer Nostro Sennor,
que ch' esto faz por meu amor
e aynda che mais fará».
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

O crerig' enton s' espertou
e log' a missa começou,
e seu lum' ali o cobrou;
ca non mentiu nen mentirá
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

A Virgen que é de bon prez,
que lle seu lume cobrar fez
cada dia sempr' a vez,
como vos dissemos acá.
Santa Maria poder á
de dar lum' a queno non á.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69