anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CC

Esta é de loor de Santa Maria.

Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ca, ontr' os que oge nados
son d' omees muit' onrrados,
a mi á ela mostrados
mais bes, que contarei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ca a mi de bõa gente
fez vir dereitamente
e quis que mui chãamente
reinass' e que fosse rei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

E conas sas piadades
nas grandes enfermidades
m' acorreu; por que sabiades
que poren a servirey.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

E dos que me mal querian
e buscavan e ordian
deu-lles o que merecian,
assi como provarei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

A mi de grandes pobrezas
sacou e deu-me requezas,
por que sas grandes nobrezas
quantas mais poder direi.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

Ca mi fez de bõa terra
sennor, e en toda guerra
m' ajudou a que non erra
nen errou, u a chamei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

A mi livrou d' oqueijões,
de mortes e de lijões;
por que sabiades, varões,
que por ela morrerei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

Poren todos m' ajudade
a rogar de voontade
que con ssa gran piadade
mi acorra, que mester ei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

E quando quiser que seja,
que me quite de peleja
daquest mund' e que veja
a ela, que sempr' amei.
Santa Maria loei
e loo e loarei.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69