anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA LXVII

Como Santa Maria fez connoçer ao ome bõo que tragia o demo consigo por servente; e quisera-o matar, senon pola oraçon que dizia.

A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E de tal razon com' esta | un miragre contar quero
que fezo Santa Maria, | aposto e grand' e fero,
que non foi feito tan grande | ben des lo tempo de Nero,
que emperador de Roma | foi, daquela gran çidade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Ond' avo que un ome | mui poderos' e loução,
sisud' e fazedor d' algo, | mais tant' era bon crischão,
que tod' ele por Deus dava | quanto collia en mão,
ca de todas outras cousas | mays amava caridade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E por mellor fazer esto | que muit' ele cobiiçava,
un espital fezo fora | da vila u el morava,
en que pan e vinn' e carne | e pescad' a todos dava,
e leitos en que jouvessen | en yvern' e en estade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E como quen á gran coita | de compri-lo que deseja,
ele mançebos collia | ben mandados, sen peleja,
que aos pobres servissen; | mais o demo con enveja
meteu-s' en un corpo morto | d'ome de mui gran beldade,
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E vo pera el logo | manss' e en bon contenente,
e disse: «Sennor, querede | que seja vosso sergente,
e o serviço dos pobres | vos farei de bõa mente,
pois vejo que vos queredes | e fazedes y bondade;
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E ssequer o meu serviço | averedes en dõado».
Quando ll' om' oyu aquesto | dizer, foy en muy pagado;
e demais viu-o fremoso, | apost' e ben razõado,
e cuidou que non andava | senon con gran lealdade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

En esta guisa o demo | cho de mal e arteiro
fez tanto que o bon ome | o fillou por escudeiro;
e en todos seus serviços | a el achava primeiro,
dizendo-lle: «Que queredes, | sennor? A min o mandade».
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Tanto lle soub' o diablo | fazer con que lle prouguesse,
que nunca ll' ele dizia | cousa que el non crevesse;
demais non avia ome | que o atan ben soubesse
servir sempr' en todas cousas | segundo sa voontade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E porende lle fazia | amude que caçasse
enas montannas mui fortes, | e eno mar que pescasse;
e muitas artes buscava | per que o algur matasse,
per que ouvess' el a alma, | e outr' ouvess' a erdade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

En tod' est' o ome bõo | per ren mentes non metia,
e poren de bõa mente | u ll' el consellava ya;
mais quando se levantava, | ha oraçon dizia
da Virgen mui groriosa, | Reynna de piedade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E por aquest' aquel demo | que ll' andava por vassalo
neun poder non avia | per nulla ren de mata-lo;
e pero dia nen noite | non quedava de tenta-lo,
macar lle prol non avia, | por mostrar sa crueldade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Desta guisa o bon ome, | que de santidade cho
era, viveu mui gran tempo, | trões que un bisp' y vo
que foi sacar ao demo | logo as linnas do so,
como vos contarei ora; | e por Deus, ben m' ascuitade:
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Aquel bispo era ome | sant' e de mui bõa vida,
e mui mais religioso | que sse morass' en ermida;
e por aquesto o demo | tanto temeu sa vida,
que disse que non podia | servir por enfermidade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Ond' avo que un dia | ambos jantando siian
e que todo-los sergentes, | foras aquele, servian;
preguntou-lles o bon ome | u era; eles dizian
que y servir non vera | con mingua de sãydade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Quand' aquest' oyu o bispo, | preguntou-lle que om' era.
E ele lle contou todo, | de com' a ele vera
e como lle lealmente | sempre serviço fereza.
Diss' o bispo: «Venna logo, | ca de veer-l' ei soydade».
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Enton aquel ome bõo | enviou por el correndo.
Quand' esto soub' o diabo, | andou muito revolvendo,
mais pero na çima vo | ant' eles todo tremendo;
e poi-lo catou o bispo, | connoçeu sa falsidade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E diss' ao ome bõo: | «Deus vos ama, ben sabiades,
que vos quis guardar do demo | falss' e de sas falsidades;
e eu vos mostrarei ora | com' est' om' en que fiades
é demo sen nulla dulta, | mais un pouco vos calade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

E enton diss' ao demo: | «Di-me toda ta fazenda,
por que aquesta companna | todo teu feito aprenda;
e eu te conjur' e mando | que a digas sen contenda,
per poder de Jesu-Cristo, | que é Deus en Tridade».
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

Enton começon o demo | a contar de com' entrara
en corpo dun ome morto, | con que enganar cuidara
a aquel con que andava, | a que sen dulta matara,
se a oraçon non fosse | da Madre de caridade:
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

«Quand' el aquesta dizia, | sol non era eu ousado
de lle fazer mal niu». | E pois est' ouve contado,
leixou caer aquel corpo | en que era enserrado,
e esvãeçeu ant' eles, | como x' era vãydade.
A Reynna groriosa | tant' é de gran santidade,
que con esto nos defende | do dem' e da sa maldade.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical