anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA XCIII

Como Santa Maria guareceu un fillo dun burges que era gafo.

Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

Dest' un mui gran miragr' en fillo dun burges
mostrou Santa Maria, que foi gafo tres
anos e guareceu en mos que un mes
pola sa piedade que lle quis mostrar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

Est' era mui fremoso e apost' assaz,
e ar mui leterado e de bon solaz;
mais tod' aquele viço que à carne praz
fazia, que ren non queria en leixar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

El assi mantendo orgull' e desden,
quiso Deus que caess' en el mui gran gafeen,
ond' ele foi coitado que non quis al ren
do mund' erg' ' ermid' u se foi apartar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

E el ali estando, fillou-ss' a dizer
ben mil Ave Marias por fazer prazer
aa Madre de Deus, por que quisess' aver
doo e piadad' e del amercar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

E el en atal vida tres anos durou,
sofrendo ben sa coita, e nunca errou
a Deus nen a sa Madre, e sempre rezou
as Aves Marias de que vos fui falar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

E pois ouve rezado esta oraçon
quanto tenpo dissemos, mostrou-xe-ll' enton
a Virgen groriosa e diss': «Oi mais non
quero que este mal te faça lazerar».
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

Quando ll' est' ouve dit', a teta descobriu
e do seu santo leite o corpo ll' ongiu;
e tan tost' a gafeen logo del se partiu,
assi que o coiro ouve tod' a mudar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

Tanto que foi guarido, começou-ss' a ir
dizendo pela terra como quis vir
a el Santa Maria e o foi guarir,
por que todos en ela devemos fiar.
Nulla enfermidade
non é de sãar
grav', u a piedade
da Virgen chegar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical