anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CVIII

Como Santa Maria fez que nacesse o fillo do judeu o rostro atras, como llo Merlin rogara.

Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

E daquest' o contar
que avo a Merlin
que ss' ouve de rezõar
con un judeu alfaqui[n]
que en tod' Escoça par,
como disseron a mi[n],
de saber non avia.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

E começou a falar
aquel judeu traedor
ena Virgen e jurar
muito palo Criador,
que en ela encarnar
nunca quis Nostro Sennor,
nen seer non podia.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Merlin ouve gran pesar
u ll' oyu esto dizer
e disso: «Se Deus m' anpar,
ante podo ben seer;
ca o que terra e mar
fez per seu mui gran poder,
esto ben o faria».
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

O judeu a perfiar
começou e disse: «Non
podo Deus nunca entrar
en tal logar per razon;
ca o que foi ensserrar
en ssi quantas cousas son,
como ss' enserraria?»
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Merlin muit' a assannar
se fillou e log' ali
os gollos foi ficar
en terra e diss' assi:
«Madre do que nos salvar
vo, este diz de ti
o que non deveria.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Poren te quero pregar
que, com' eu de certo sei
que o teu foi sen dultar,
que o que te rogarey
queras agora' mostrar
a este da falssa ley
que anda con folia,
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Que ssa moller enprennar
foi; o que lle nacer en
queras tu assi guisar
que com' outr' o rostro ten
adeante por catar,
tenna atras, e des en
and' assi todavia».
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

E o praz' uviou chegar
que a judea pariu;
mas ben se podo sinar
quen aquel seu fillo viu,
ca atal o gerar
fez Deus como llo pediu
Merlin con felonia.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Que o rostro lle tornar
fez Deus o deant' atras,
como lle fora rogar
o fillo de Sathanas
por en vergonna deitar
a seu padre Cayphas,
que ant' o non criya.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

Poren seu padre matar
o quis logo que naceu;
mas Merlin o fez guardar,
que o mui ben entendeu,
e polos judeus tirar
de seu erro, pois creceu,
con el os convertia.
Dereit' é de ss' end' achar
mal quen fillar perfia
contra Santa Maria.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69