anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CVII

Como Santa Maria guardou de morte ha judea que espenaron en Segovia; [e] porque sse acomendou a ela non morreu nen se firiu.

Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Dest' un miragr', en verdade,
fez en Segovi' a cidade
a Madre de piedade,
qual este cantar dirá
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Da judea achada
que foi en err' e fillada
e a esfalfar levada
da pena qu' i está
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Muit' alta e muit' esquiva.
E ela diss': Ai, cativa,
como pode ficar viva
quen daqui a caer á,
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Senon se Deus xe querria!
Mas tu, Rea Maria,
u crischãydade fia,
se tal es com' oý ja
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Que acorre-las coytadas
que ti son acomendadas,
ontre toda-las culpadas
val a mi, ca mester m' á.
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

E sse ficar viv' e sãa,
logo me fare [i] crischãa
ante que seja mannãa
cras, u al non averá.
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Os judeus que a levaron
na camisa a leixaron
e logo a espenaron,
dizendo: «Alá yrá!»
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Mais pois dali foi cauda,
da Virgen foi acorruda;
poren non foi pereçuda,
pero caeu long' alá
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Jus' a pe da figueira,
e ergeu-sse mui ligeira-
ment' e foi-sse sa carreira
dizendo: «Senpre será
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Beita a Groriosa,
Madre de Deus preciosa,
que me foi tan piadosa;
e quena non servirá?
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

E chegou aa eigreja
daquela que senpre seja
beita, u mui sobeja
gente viu, e diss': «Acá
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

Vid' e batiçar-m-edes,
e tal miragr' oyredes
que vos maravillaredes,
e tod' om' assi fará».
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

E tan tost' aquela gente
a batiçou mantenente;
e foi sempre ben creente
da que por nos rogará
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

A seu Fillo grorioso
que nos seja piadoso
eno dia temeroso
quando julgar-nos verrá.
Quen crever na Virgen santa,
ena coita valer-ll-á.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69