anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCVII

Esta é como un cavaleiro poderoso levava a mal outro por un fillo que lle matara, e soltó-o en ha eigreja de Santa Maria, e disse-lle a Magestade «gracias» poren.

Se ome fezer de grado pola Virgen algun ben,
demostrar-ll' averá ela sinaes que lle praz en.

Desto vos direi miragre, ond' averedes sabor,
que mostrou Santa Maria con merce' e con amor
a un mui bon cavaleiro e seu quito servidor,
que ena servir metia seu coraçon e seu sen.
Se ome fezer de grado pola Virgen algun ben,
demostrar-ll' averá ela sinaes que lle praz en.

El avia un seu fillo que sabia mais amar
ca ssi, e un cavaleiro matou-llo. E con pesar
do fillo foi el prende-lo, e quisera-o matar
u el seu fillo matara, que lle non valvesse ren.
Se ome fezer de grado pola Virgen algun ben,
demostrar-ll' averá ela sinaes que lle praz en.

E el levando-o preso en ha eigreja 'ntrou,
e o pres' entrou pos ele, e el del non sse nenbrou;
e pois que viu a omagen da Virgen y, [o] soltou,
e omildou-ss' a omagen e disso «graças» poren.
Se ome fezer de grado pola Virgen algun ben,
demostrar-ll' averá ela sinaes que lle praz en.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical