anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXVIII

Esta é como Santa Maria guareceu en Vila-Sirga un ome bõo d'Alemanna que era contreito.

Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

E dest' en Vila-Sirga miragre mui fremoso
mostrou a Virgen, Madre de Deus, Rey grorioso,
e ontr' os seus miragres é d'oyr piadoso,
de que ela faz muitos nobres e mui preçados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

En terra d'Alemanna un mercador onrrado
ouve, rico sobejo e muit' enparentado;
mas d' anfermedade foi atan mal parado,
per que ficou tolleito d'anbos e dous los lados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

E dest' assi gran tempo foi end' atan maltreito,
que de pees e mãos de todo foi contreito;
e de seu aver tanto lle custou este feito,
assi que ficou pobre e con grandes cuidados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

El en esto estando, viu que gran romaria
de gente de sa terra a Santiago ya;
e que con eles fosse mercee lles pidia,
e eles deste rogo foron muit' enbargados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Ca da parte viyan ssa grand' enfermedade,
e ar da outra parte a ssa gran pobridade;
pero porque avian dele gran piadade,
eno levaren sigo foron end' acordados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

E amedes fezeron log' en que o levavan,
e pera Santiago ssas jornadas fillavan,
e a mui grandes pas alá con el chegavan;
mas non quis que guarisse Deus, polos seus pecados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Depois de Santiago con ele sse tornaron;
e quand' en Carron foron, ar cego o acharon,
e de o y le[i]xaren todos s' [i] acordaron.
Mas ata Vila-Sirga con el foron chegados,
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Ca teveron que era logar pera leixa-lo
mui mellor que en o[u]tro e y acomenda-lo.
Porend' aa ygreja punnaron de leva-lo,
ca de o mais levaren sol non foron ousados,
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Por que lles non mor[r]esse. E assi o mesquynno
ficou desanparado, e eles seu caminno
se foron. Mas a Madre do que da agua vo
fez ouve del mercee e oyu seus braados
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Que el mui grandes dava, chamando «Gloriosa»
e chorando mui forte. Mas a mui preciosa
o oyu e sãou-o come mui poderosa,
por que quantos y eran foron maravillados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

E pois a poucos dias foi-sse pera ssa terra
por prazer da que nunca sa mercee enserra.
E pois alá foi, logo non fez como quen er[r]a,
mas contou o miragre da por que perdõados
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

Somos de Jheso-Christo, cujos son os perdões.
E este, que fez? Logo fillou mui bõos dões
e pois a Vila-Sirga os deu en offrecções
aa Virgen que nunca falleç' aos cuitados.
Razon an de seeren seus miragres contados
da Sennor que ampara aos desamparados.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69