anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXIX

Esta é como Santa Maria fez tornar negra ha figura do demo que era entallada en marmor blanco, porque si[i]a cabo da sa ymagen que era entallada en aquel marmor meesmo.

Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Que assi como tevras e luz departidos son,
assi son aquestas duas por dereit' e por razon;
ca a ha nos dá vida e a outra perdiçon.
E de tal razon miragre vos direi mui saboroso:
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Ena terra de Toscana ha gran cidad' á y
que Sena éste chamada; e como dizer oý,
fez o bispo na ygreja mayor fazer pora ssi
un logar u preegasse de marmor riqu' e fremoso.
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

E fez y vyr maestres sabedores de tallar
e eno marmor mui branco mandou-l[l]es y fegurar
omagen da Virgen Santa Maria que nos anpar,
que tya en seus braços o seu Fillo precioso.
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Outras ystorias muitas en aquel marmor fazer
mandou de muitas naturas; e ouve d'acaecer
que poseron y o demo, e fórono conpõer
mui mal feit' en sa fegura, segundo x' el é astroso.
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Mas porque o marmor era branco, sen aver sinal,
ouv' o dem' a seer branco, e non pareceu tan mal
como fezera se negro fosse; mas non quis que tal
ficasse a Virgen santa, Madre do Rey poderoso;
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Aquesto todos lo viron. Ond' avo ha vez
que a Virgen gloriosa sobr' esto miragre fez
tan grande, que a omagen do demo tal come pez
fez tornar en ha ora mui feo e mui lixoso.
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Outro dia, quand' as gentes veron missa oyr
e viron o demo negro, fillaron-s' end' a rriir;
mas quando oyu o bispo esto, cuidou que mentir-
ll-ian, e en yr vee-lo non vos foi mui vagaroso.
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

E mandou a un seu ome que o lavasse mui ben
e des i que o raesse; mais sol non l[l]e prestou ren:
ca de guisa o tornara negro a que nos manten,
que desfazer nono pode. E o bispo mui choroso
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

Foi; ant' o altar deitou-se dizendo: «Sennor, errey,
porque cabo da omagen aquela fazer mandei;
poren mercee te peço que me perdões, ca sey
que se me tu perdõares, que me non será sannoso
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

O teu Fillo Jhesu-Cristo, que éste ome e Deus,
ca por ti muitos perdõa e faz-lles que sejan seus.
E eu aqueste miragre farei põer entr' os teus
miragres, porque ben creo que é mui maravilloso».
Non conven aa omagen da Madre do grorioso
Rey que cabo dela seja figura do dem' astroso.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical