anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXIX

Como Santa Maria guardou a ssa eigreja en Vila-Sirga dos mouros que a querian derribar, e fez que fossen ende todos cegos e contreitos.

Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

E dest' un mui gran miragre avo, tempo á ja,
quando el Rei Don Alffonso de Leon aduss' acá
mouros por roubar Castela, e chegaron ben alá
u ora é Vila-Sirga, segundo que aprendi.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

E foron aa eigreja en que lavravan enton
omees muitos da terra por ayer de Deus perdon;
e quando viron as ostes dos mouros, log' a Carron
fogiron e a ygreja desanpararon assi.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

E os mouros dentr' entraron e quiseron derribar
toda a ygreja logo e destroyr e queimar;
mas per poder que ouvessen, non poderon acabar
d' arrancar a mor pedra de quantas estavan y.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

Demais, a força dos nenbros lles fez a Virgen perder,
assi que per nulla guisa, non poderon mal fazer,
e, sen aquesto, dos ollos non poderon ren veer;
assi cegos e contreitos os levaron ben daly.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

Desta guisa amparada a eigr[ej]' enton ficou
pola vertude da Virgen santa, en que encarnou
Jheso-Cristo e foi ome e ena cruz nos salvou,
per que do poder do demo ficamos livres des i.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

Pois souberon os da terra esto, deron gran loor,
aa Virgen Groriosa, Madre de Nostro Sennor,
porque o seu ben guardara e fora defendedor.
Poren mercee lle peço que queira defender-mi.
Razon é grand' e dereito que defenda ben a ssi
a que deffend' outros muitos, per com' eu sei e oý.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical