anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXXVIII

Como un ome bõo avia un muu tolleito de todo-los pees, e o ome bõo mandava-o esfolar a un seu mancebo, e mentre que o mancebo se guisava, levantou-[s]' o muu são e foi pera a eigreja.

Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

E desto fez en Terena a Virgen Santa Maria
gran miragre por un ome que un seu muu avia
tolleito d'ambo los pees que atras tortos tragia,
que sãou por sa vertude; e poren ben m' ascoitade:
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

Este mal a aquel muu per gran door lle vera
de gota que aas pernas e aos pees ouvera;
e porende no estabro un mui gran tenpo jouvera
que sol andar non podia, esto vos dig' en verdade.
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

Quand' aquesto viu seu dono, atan muito lle pesava
que por delivrar-sse dele log' esfolar-o mandava
a un seu om'. E enquanto o manceb' ant'emorçava,
foi-ss' o muu levantando con sua enfermidade
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

E sayu passo da casa e foi contra a eigreja,
indo fraqu' e mui canssado; mas a que beita seja,
tanto que foi preto dela, fez maravilla sobeja,
ca o fezo logo são, sen door e sen maldade.
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

O manceb', a que seu dono ja esfolar-o mandara,
poi-lo non viu, foi pos ele per aly per u passara,
e viu-o par da eigreja, mas non tal qual o leixara;
e foi en maravillado e diss' à gent': «Uviade
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

E veredes maravilla estranna con gran proveito
deste muu que ant' era d' ambo-los pees tolleito,
como o vej' ora são andar e muit' escorreito;
e vejamos sse é esse, e comigo o catade».
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

E logo foron vee-lo todos quantos y estavan,
e adur o connoscian, pero o muito catavan,
senon pola coor dele en que sse ben acordavan;
mas sacó-os desta dulta a Virgen por caridade.
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

Que aly u o catavan andou ele muit' aga
tres vegadas a eigreja da Virgen Santa Rea
a derredor; e a gente, que lle ben mentes tia,
virono como entrou dentro, mostrando grand' omildade.
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

E ben ant' o altar logo ouv' os gollos ficados,
e pois foi-ss' a cas seu dono, onde mui maravillados
eran quantos y estavan; e muitos loores dados
foron a Santa Maria, comprida de santidade.
Tant' é grand' a sa mercee da Virgen e sa bondade,
que ssequer nas be[s]chas mudas demostra sa piadade.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical