anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXLII

Esta é como Santa Maria de Castroxeriz guariu de morte un pedreiro que ouvera de caer de cima da obra, e esteve pendorado e teve-sse nas pontas dos dedos da mão.

O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

E d' ela fazer aquesto á gran poder, a la fe,
ca Deus lle deu tal vertude que sobre natura é;
e poren, macar nos ceos ela con seu Fillo sé,
mui tost' acá nos acorre sa vertud' e seu poder.
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

E dest' un muy gran miragre vos quer' [eu] ora contar
que en Castroxeriz fezo esta Reynna sen par
por un bon ome pedreiro, que cada dia lavrar
ya ena sa ygreja, que non quis leixar morrer.
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

Este era mui bon maestre de pedra põer con cal,
e mais d' outra ren fiava na Virgen esperital;
e porende cada dia vya y seu jornal
lavrar encima da obra. E ouve d' acaecer
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

Un dia en que lavrava no mais alto logar y
da obr', e anbo-los pees lle faliron e assi
coidou caer, e a Virgen chamou, per com' aprendi,
os dedos en ha pedra deitou; e fez-lo ter
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

A Virgen Santa Maria. Enas unllas atan ben
o teve, macar gross' era, que sol non caeu per ren;
e assi chamand' estava a Sennor que nos manten,
dependorado das unllas e colgado por caer.
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

E estev' assi gran peça do dia, com' apres' ei,
que acorrudo das gentes non foi, segund' eu achei;
mas acorreu-lle a Virgen, a Madre do alto Rey,
ata que vo a gente e o fez en decender.
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

Todos quantos esto viron loaron de coraçon
a Virgen Santa Maria, e aquel pedreyr' enton
ant' o seu altar levaron, chorando con devoçon,
e fezeron o miragre per essa terra saber.
O que no coraçon d' ome é mui cruu de creer,
pode-o Santa Maria mui de ligeiro fazer.

autˇgrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Cˇdices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69