anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCXLVI

Esta é da bõa moller que ya cada sabado a ha eigreja que chaman Santa Maria dos Martires, e obridó-xe-lle, e depois foi alá de noite, e abriron-xe lle as portas da eigreja.

A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Desto direi un miragre, segundo que aprendi,
que avo en Alcaçar, e creo que foi assi,
da mui bõa crischãa moller que morava y,
que sabia ena Virgen mais doutra cousa fiar.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Onde por amor da Virgen ao sabado sempr' ir
punnav' a ha ygreja sua e oraçon oyr,
e levava ssa offerta sigo por a offerir;
mas un sabado ll' avo que foi aquest' obridar
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Por fazendas de sa casa muitas que ouv' a fazer.
Mas aa tarde ll' en mente vo como falecer
fora, e ar[r]epenti[u]-sse; e por esto correger,
foi ja tard' aa eigreja e cuidou y dentr' entrar.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Esta ygrej' alongada da vila ja quant' está.
Mas quando chegou a ela, cuidou log' entrar alá,
mas as portas ben serradas achou, e fillou-ss' acá
de fora fazer sas prezes e começou de chorar.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

E pois aquest' ouve feito e conpriu ssa oraçon,
viu log' as portas abertas, e foi en seu coraçon
muit' ende maravillada, porque moller nen baron
non vira que llas abrisse. E foi log' ao altar
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

E pos y sa offerenda, des y logo se sayu
da ygreja. E pois fora foi, as portas serrar viu;
e con gran medo que ouve, logo dali recodyu
e foi-sse pera a vila, mas non de mui gran vagar.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

E quando foi aas portas da vila e entrar quis,
achou-as assi serradas que des ali foi ben fis
de no[n] entrar, e cuitada foi en muit', par San Dinis;
mas rogou enton a Virgen, que llas abriu log' en par.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Enton ha dona bela e nobre ll' apareceu,
que a fillou pela mão e na vila a meteu
e levó-a ssa casa, ond' ela prazer prendeu;
mas ante que y chegasse, começou-ll' a preguntar
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Dizendo: «Sennor, quen sodes, que a tan pobre moller
com' eu tan gran ben fezestes?» Respos-ll' ela volonter:
«Eu sõo a que nas cuitas acorr' a quen m' á mester,
en que Deus por sa mercee quis de mi carne fillar».
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

Quand' a bõa moller esto oyu, logo se deitou
a seus pees por beijar-llos; mas nona viu, e ficou
ende mui desconortada, e en ssa casa entrou,
e aqueste feit' a todos outro dia foi contar.
A que as portas do ceo abriu pera nos salvar,
poder á nas deste mundo de as abrir e serrar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69