anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXVII [ = CCCLXXIII ]

Como Santa Maria livrou un mercador do perigoo das ondas do mar en que cuidava [morrer] u caera da nave.

A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Ca per ela foi a morte destroyda
e nossa saude cobrada e vida,
tod' est avemos pola Sennor comprida.
Pois un seu miragre vos direi de grado
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Que fez esta Virgen santa e Reynna,
que é dos coitados todos meeza;
contar-vo-lo-ei brevement' e agynna
quant' end' aprendi a quen mio á contado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Entre Doir' e Mynn' en Portugal morava
un mercador [rico] muito que amava
Santa Maria e por ela fiava,
e ena servir sempr' era seu cuidado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Como quer que el pelas terras mercasse,
se dõa fremos' e aposta achasse
e que pera o altar lle semellasse,
de lla aduzer era muit' entregado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Porque amava muito Santa Maria
de coraçon, disse ca en romaria
a Rocamador de bõa ment' irya
tanto que o el podess' aver guisado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Assi foi que el ssa nav' ouve fretada
pera yr a Frandes; e essa vegada,
pois que ouve ben sa fazenda guisada,
foi-sse con quant' aver avia mercado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Mais pela costeira do gran mar d'Espanna
ind' aquela nave con mui gran companna,
levantou-s' o mar con tormenta tamanna
que muito per foi aquel dia irado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Levantou sas ondas fortes feramente
sobr' aquela nave, que aquela gente
cuidou y morrer, que logo mantenente
chorou e coidou enton y seu pecado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E o mercador eno bordo da nave
estava enton encima da trave,
e ha onda vo fort' e mui grave
que lle deu [no] peit', e no mar foi deitado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

A nav' alongada foi, se Deus me valla,
del ha gran peça pelo mar, sen falla;
mai-lo demo, que senpre nosco traballa,
quisera que morres y log' affogado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

El andand' assi en aquela tormenta,
nenbrou-sse da Virgen que senpr' acrecenta
eno nosso ben; ca pero que nos tenta
o demo, non pode nosc', a Deus loado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

«Ai, Madre de Deus,» diss' el, «teu ben m'ajude,
tu que es Sennor santa de gran vertude;
pois a todo-los coitados dás saude,
nenbra-te de mi que ando tan coitado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Sennor, por merece non me desanpares
por algu tempo t' eu fazer pesares,
e se mi ora daquestas ondas tirares,
servir-t-ei eu sempr' e farei teu mandado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

Nenbra-te, Sennor, que t' ei eu prometudo
d'ir aa ta casa, est' é ben sabudo;
mas tu, dos coitados esforç' e escudo,
val-me, Sennor, ca muit' and' atormentado».
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

El esto dizendo, log' a Virgen santa
vo, que o dem' e seus feitos quebranta;
come Sennor bõa que os seus avanta,
fora d' ontr' as ondas o ouve tirado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E fez enton y gran maravilla fera,
ca tornou o mar mansso de qual ant' era.
Se ll' el algun tempo servijo fezera,
mui ben llo per ouv' aly gualardõado
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E levou-o salvo a terra segura,
que sol non sentiu coita nen rancura;
esto fez a da virgdade pura,
que por nos viu seu Fillo crucifigado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E ante dez dias, oý por verdade,
que a nave foss' a aquela cidade
u portar avia, pola piadade
de Santa Maria foi el y chegado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E tanto que os da nav' aly chegaron,
poi-lo viron, todos sse maravillaron;
e os seus enton mui ledos per tornaron,
e contou-lles el quant' avia passado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

E o mercador, pois se tornou de França
e feien ssa terra, sen longa tardança
a Rocamador se foi, e confiança
na Virgen sempr' ouv'. Ei-vo-lo acabado.
A [de] que Deus pres carn' e foi dela nado,
ben pode valer a todo perigoado.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical