anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCLXXXIV

Esta é como Santa Maria livrou un monge do poder do demo que o tentava.

Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

E daquest' un miragre mui fremoso direi
que fez Santa Maria, per com' escrit' achei
en un livr', e d'ontr' outros traladar-o mandei
e un cantar en fige segund' esta razon.
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Un frade foi doente dun mõesteiro mal,
e todos ben cuidavan que mort' era sen al;
e se non foss' a Virgen, Reynna esperital,
a ssa alma levara o dem' a perdiçon.
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Ca ante que morresse un sinal lle mostrou
que contra ha porta mui de rijo catou;
mas un frad' y estava que o enpreguntou
por que esto fazia, que llo dissess' enton.
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

E aquel frad' enfermo enton non respondeu,
mas muita de paravla sobeja lle creceu
com' en desasperando, e todo sse torceu;
e aa cima disse, mui trist' e en mal son,
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Que quantos bes feitos avia, nulla ren
prestar non lle podian, e tal era seu sen,
e tan gran prol ll' avia fazer mal come ben.
E quand' est' ouve dito, disse-ll' o compannon
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Que aquesto o demo fazia, sen dultar,
que lle metia medo polo desasperar;
mas sse ele quisesse u vesso rezar
da Virgen groriosa, log' o demo felon
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Se partiria dele. E o frade rezou
o vesso muit' aga que ll' o frad' enssinou;
e atan tost' o demo se foi e o leixou,
que o non viu pois nunca, e vedes por que non:
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

Porque en aquel vesso aa Virgen assy
dizia: «Con ta graça, Sennor, acorr' a mi,
ca tu de piadade madr' es; porend' aqui
me guarda do diabo cho de traiçon».
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

E quand' est' ouve dito, começou de riir
e disso aos frades: «Non veedes vir
a Virgen groriosa? Con ela me quer' yr.
E logo ante todos fezo ssa conffisson,
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

E repentiu-sse muito do que foi descreer
e comungou. E logo começou a dizer
que o do leit' ergessen, e mandou-sse põer
en terra, e a alma foi dar a Deus en don.
Quen ben fiar na Virgen de todo coraçon,
guarda-lo-á do demo e de sa tentaçon.

autˇgrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Cˇdices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69