anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCIX

Esta é como Santa Maria vo en vison en Roma ao Papa e ao Emperador e disse-lles en gual logar fezessen a eigreja.

Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Dest' un fremoso miragre vos direi que foi verdade
que mostrou Santa Maria en Roma, nobre cidade,
eno tempo que ja era tornada en creschandade,
por acrecentar a lee de Deus, seu Fill' e seu Padre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

En aquel tempo en Roma u Papa santo avia,
e u Emperador bõo per quant' ele mais podia
servia muit'e amava a Virgen Santa Maria,
en que Deus quis prender carne e fazer dela ssa Madre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

En aquel tempo tan bõo, de que vos eu ora digo,
era o pobro de Roma todo atan muit' amigo
da Virgen Santa Maria, e avia ben consigo
a creença de seu Fillo Jhesu-Crist' e de Deus Padre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

desta Virgen groriosa que sempre beita seja,
querian fazer end' ha mui grand' e nobre sobeja,
en que fosse Deus loado e ela que é ssa Madre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Mas per ren non ss' acordavan o logar u a fezessen;
e porend' un ome bõo lles disse que sse tevessen
de faze-la ata quando de Deus tal sinal ouvessen
do logar u a farian a ssa Madr', und' el é Padre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Onde foi pois ha noite que o Papa xe jazia
en seu leito e dormindo, e en sonando viia
a ssi vir ha dona mui nobre que lle dizia:
«Tu amas a Jhesu-Cristo muito e a mi, sa Madre;
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

E poren te rogu' e mando que digas a esta gente
de Roma que mia eigreja façan logo mantenente
u viren meant' agosto caer nev' espessamente,
ea aly quer o meu Fillo Jhesu-Crist, e Deus seu Padre».
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Outra tal vison com' esta o Emperador dormindo
viu essa mesma noite que o Papa; e sentindo
que de Deus aquesto era, foi chorand'e non riindo
a el e falou con ele a onrra da Virgen Madre,
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Contando-lle tod' a feito en qual maneira dormira
e en jazendo dormindo a Santa Maria vira,
que lle mandou que fezesse ssa eigreja, sen mentira,
en que foss' ela loada e Deus, verdadeiro Padre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

«E demais, por sinal deu-me, por que eu esto creesse,
que na ssa festa d'Agosto, u eu visse que caesse
muita nev', en aquel logo a ssa eigreja ergesse,
en que fosse Jhesu-Cristo load' en ela, ssa Madre».
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Enton lle respos o Papa: «Outro tal sonn' ei sonnado,
e ben é que atendamos aquel dia sinaado;
e quando virmos a neve, ponnamos logo recado
como seja a eigreja feita, do Fill' e do Padre».
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Enton ambos atenderon. E quand' aquel dia vo,
viron caer tanta neve que tod' un canpo foi cho;
e enton conprar mandaron aquel logar, que allo
era, en que og' é feit' a eigreja da Virgen Madre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

Quand' aqueste feito soube o poboo dos Romãos,
veron a aquel logo muit' a guisa de crischãos,
os us dando deiros, outros metend' y as mãos,
e deitaron os cimentos ben per u nevou Deus Padre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

E fezeron ssa eigreja grand' e rica e fremosa
a onrra da Santa Virgen, Filla de Deus e Esposa,
de que ele prendeu carne, que foi mui maravillosa
cousa da que el criara fazer pois dela sa Madre.
Non deven por maravilla ter en querer Deus Padre
mostrar mui grandes miragres pola beita sa Madre.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical