anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXX

De loor de Santa Maria.

Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva
pola sa neicidade,
cobrou Santa Maria
per sa grand' omildade.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva
pela sa gran loucura,
cobrou Santa Maria
cona sa gran cordura.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva,
a nossa madr' antiga.
cobrou Santa Maria
u foi de Deus amiga.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva
du perdeu parayso,
cobrou Santa Maria
pelo seu mui bon siso.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva
u perdeu de Deus medo,
cobrou Santa Maria
creend' en el mui cedo.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

O ben que perdeu Eva
britand' o mandamento,
cobrou Santa Maria
per bõo entendemento.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

Quanto ben perdeu Eva
fazendo gran folya,
cobrou a groriosa
Virgen Santa Maria.
Santa Maria leva
o ben que perdeu Eva.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical