anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXXI

Esta é como Santa Maria guareceu en Cordova ha moça da grand' enfermidade que avia.

O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Ca o que fisica manda fazer por aver saude
o enferm' en grandes tempos, sãa per sa gran vertude
tan toste Santa Maria; poren, se ela m'ajude,
vos direi un seu miragre que fez en ha minynna.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Esta de Cordova era natural, e padecia
enfermedades mui forte que na garganta avia,
a que chaman lanparões, que é maa maloutia;
e passara ja tres anos que esta door tiinna.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Sa madre con coita dela, en tal que lla ben guarissen,
non catou de dar a meges todo quanto lle pedissen,
nen a fisicos da terra, rogando-lles que a vissen,
e maravedis quinentos ou mais lles deu a mesqa.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Mais eles, por nulla cousa que lles désse, non poderon
sãa-la, nen prol lles ouve quanta fisica fezeron;
pero todo-los deiros que ela lles deu ouveron,
assi que a moller bõa ficou en cona espynna.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

A moller con esta coita non sabia que fezesse
e do aver e da filla que consello y presesse;
mas enton u ome bõo conssellou-lle que dissesse
est' al Rei e lla levasse, ca pera el convia.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

E disse-ll': «Ai, moller bõa, se Nostro Sennor m'ajude,
todo-los reis crischãos an aquesto por vertude
que sol que ponnan sas mãos sobre tal door, saude
an. E poren vos consello que sejades mannana
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Ant' el Rey, e yrei logo vosco, se Deus me defenda
de mal, e de vossa filla lle contarei a fazenda;
e des que llo ouver dito ben sei logo sen contenda
que el Rei por sa mercee vos acorrerá agynna».
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

El foi al Rei e contou-llo; e respos-ll' el Rei: «Amigo,
a esto que me dizedes vos respond' assi e digo
que o que me consellades sol non val un mui mal figo,
pero que falades muito e toste com' andora.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Ca dizedes que vertude ei, dizedes neicidade;
mais fazed' agora tanto eu direi, e vos calade,
e levarey a minynna ant' a bela Magestade
da Virgen que é envolta ena purpura sangua.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

E pois for a missa dita, lávena d'agua mui crara
a ela e a seu Fillo, tod' o corp' e a cara,
e beva-o a menynna do calez que sobr' a ara
está, u se faz o sangui de Deus do vo da va.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

E beva-a tantos dias quantas letras son achadas
eno nome de Maria escritas e feguradas;
e assi no dia quinto serán todas acabadas,
e desta enfermidade guarrá log' a pastora».
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

Esto foi feit'; e a moça a quatro dias guarida
foi do braç' e da garganta pola Sennor que dá vida
aos que aman seu Fillo, e tal saude conprida
ouve sen bever sarope nen aver banno de ta.
O que mui tarde ou nunca se pode por meeza
sãar, en mui pouco tempo guareç' a Santa Reynna.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical