anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLIV

Como Santa Maria guardou de morte ha bestiola que chaman doneza.

Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Desto direi un miragre grande que fez a Reynna,
Madre de Deus Jhesu-Cristo, a u rey que muito tia
en ela sa asperança, ca lle fez veer agynna
pesar e prazer mui grande da ren por sa mercee.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Este pesar fei por ha bestiola que muit' amava
el Rei, que sigo tragia e a que mui ben criava,
a que chaman doneza os galegos, e tirava
con ela aves das covas, e de taes ome vee.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Pero esta outras cousas muitas e bõas fazia
trebellando e saltando, onde gran prazer avia
aquel Rei; e por aquesto atan gran ben lle queria
que tiia que fezera Deus en dar-lla gran mercee.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

E por esto lle fezera de fust', en que a guardava,
ha arca mui ben feita, e dentro a ensserrava
porque mal non recebesse, ca muito se receava
do gato, que ena noite mellor ca no dia vee.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Onde ll' avo u dia, yndo per ha carreira,
que a quis tirar da arca; e com' ela é ligeira,
caeu ontr' os pes das bestas, e foi en atal maneira
que el Rei con coita disse: «Santa Maria, mercee!
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Guarda-me mia doneza que a non perça per morte».
E quantos ali estavan ouveron gran desconorte;
ca lle pose o cavalo del Rey o pe atan forte
sobr' ela, e el Rei disse: «Ai, varões, quena vee?
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Dade-mia qual quer que seja, sequer viva, sequer morta,
e conortar-m-ei con ela come quen se mal conorta».
Enton fez Santa Maria, a que é dos ceos porta,
que de so o pe saisse viva pola sa merece.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Enton quantos aly eran e viron tal maravilla
que fezo a Groriosa, que é de Deus Madr' e Filla,
en fazer que o cavalo, que con seu pe tan mal trilla,
nona matasse. E esto fez aquel que todo vee
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

Per prazer da Groriosa, sa Madr', a que comendada
a ouv' el Rey, u do pee do cavalo foi trillada.
Poren seja el beito e ela seja loada,
e sempr' ambos de nos ajan piedade e mercee.
Eno pouco e no muito, en todo lles faz mercee
aos seus servos a Virgen, Madre do que todo vee.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical