anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLIX

Como Santa Maria da Porto se doeu da moller que vo aa sa ygreja en romaria, a que cativaran un seu fillo; e sacó-o de cativo de terra de mouros e poso-llo en salvo.

As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

E daquest' un gran miragre avo en un logar
que é chamado o Porto da Virgen que non á par,
a un ome que vera a Xerez e y morar
fora con moller e fillos, que el mui de coraçon
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

Amava mais d'outra cousa. E des que chegou ali
fazia mui bõa vida, segundo quant' aprendi,
e era mui bõo vizinno a quantos moravan y
a San Salvador, ond' era chamada a colaçon.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

Este dous fillos avia, e Domingo o mayor
chamavam, e ao outro Pedro, que era mor.
Estes ambos o servian muito, [de] que gran sabor
avia o ome bõo, e fazia gran razon.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

Onde ll' avo un dia que ao mayor mandou
que foss' a a sa vinna veer que ele chantou;
e o moç, alá estando, avo que cativou,
e levárano a Ronda por aver del remisson.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

E logo na almoeda o meteron essa vez;
dessi compró-o un mouro que deu por ele seu prez
de por quanto llo venderon, e ma[n]tenent' al non fez
e enviou-o na requa a Aljazira enton.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

E alá u o levavan, a Virgen que nos manten
o foi fillar pela mão e disse: «Non temas ren,
ca eu te porrei en salvo, e esto verás tu ben,
muy çedo en cas teu padre, e sen mal e sen lijon».
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

Mais o padre e a madre cuidaron morrer sen al
con coita daquele fillo; e fezeron estadal
e foron log' ao Porto da Sennor espirital
e pediron-ll' aquel fillo, chorando con devoçon.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

[E] eles assi estando, viron seu fillo vir
Pedro, o mor; e logo lles foi contar, sen mentir,
que Domingo era vudo a ssa casa, e se ir
quisessen y, o veeriam. E eles de gran randon
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

Foron logo sen tardança, e acharon con mui gran
par de fferros a seu fillo; e tornaron manaman
con el a Santa Maria e deron loores tan
grandes, que de mui de longe foi end' oydo o son.
As mãos da Santa Virgen que tangeron acaron
Jhesu-Christo, muy ben poden sacar presos de prijon.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical