anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXVI

Esta .CCC e LXV. é como Santa Maria do Porto fez cobrar a Don Manuel un açor que perdera.

A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

E de tal razon com' esta ha maravilla fera
avo ja en Sevilla eno tempo que y era
el Rey, e que de Grãada de fazer guerra vera
aos mouros des[s]a terra, que y eran moradores,
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

E outros muitos genetes que d'Affrica y passaran;
ca todos fillaron dano dele, qual nunca fillaram,
en pães, ortas e vinnas e en quanto lles acharan.
E pois aquesto foi feito, el Rey con seus lidadores,
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Quand' este feito fezerom, tornaron pera Sevilla.
E el Rey mui mal doente foi y a gran maravilla,
mais guariu pela merçee da que é Madr[e] e Filla
de Deus, que o guareçera ja d'outras grandes doores.
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

[E] enquant' el guareçia, Don Manuel, seu yrmão,
vo y e foy enfermo; e pois guariu e foi são,
fillou-sse con seus falcões que mudara no verão
a caçar, que é dos viços do mundo un dos mayores.
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

E ind' a aquela caça, levou poucos cavaleiros,
mais levou outra gran gente de mui bõos falcõeyros
que levavan seus falcões de garça, e ar grueyros;
mais ante que se tornasse perdeu u dos mellores,
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Que se foi da outra parte d'Aguadalquivir voando,
de guisa que foi perdudo. E andárono buscando
ben preto de tres domaas e sempre apregoando,
cuidando que o achara algun desses lavradores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Que os achan a vegadas e os ten ascondudos
e os van vender a furto por non seeren connosçudos.
Poren mandou o infante que fossen aperçebudos
seus falcõeyros, e logo fillou dos mais sabedores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

E foi con eles a caça ao Chão de Tablada,
en dereyto da aldea que Coyra éste chamada;
e viron da outra parte, no Exarafe, coitada
ha ave que tragia un falcon dos montadores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Por filla-la. E tan toste aquel falcon con[n]osçeron
que era o que perderan, e en el mentes meteron,
e o falcon e a ave viron como se mergeron
e foron caer en terra. Mais os que con[n]osçedores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Eran de connosçer aves, que doral era ben viron.
E Don Manuel e todos logo merçee pidiron
a[a] Virgen do gran Porto, de que falar muit' oyron,
que se lles o falcon désse, que de çera con loores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Un falcon lle dessen feito, que mui de grado farian,
e que ena sa ygreja ant' o seu altar porriam;
e pois esto ouveron dito, chamaron quanto podian
o falcon que lles vesse. Mais macar braadadores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Eran muito en chama-lo, nen per siso nen per arte
sol vir non lles queria; ca falcon, tra u se farte
da caça que á fil[l]ada, con medo que o enarte
o que o trage en toller-lla, punna d'aver seus sabores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

En comer quanto mais pode. Mais Don Manuel, con manna
d'aquele falcon ave-lo, apartou-se da companna
e chamou o mui de rigio; e maravilla estrãya
foi, ca log' a ele vo en un campo u aradores
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

Con seus boys ali aravan. O falcon passou agin[n]a
de Guadalquivir o rio con seu doral que tiin[n]a
e pos-lo ant' o Infante, que loou muit' a Reynna
dos çeos, Santa Maria, que é Sennor das sennores.
A que en nossos cantares nos chamamos Fror das flores,
maravilloso miragre fez por us caçadores.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical