anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCLXXV

[C]omo Santa Maria do Porto guariu un cavalo dun escrivan del Rey que lle queria morrer.

En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Merçee por humildade
nos faz, e por sa bondade
acorre con piadade
a quen lle pede merçee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Sequer enas bestias mudas
nos mostra muitas ajudas
grandes e mui con[n]osçudas
a Sennor que todo vee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

E de tal razon fremoso
miragre maravilloso
a Madre do Glorioso
fez; [e] comprida merçee
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Na çibdade de Sevilla,
que é grand' a maravilla,
mostrou a Madr' e a Filla
de Deus que nos senpre vee,
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

A Bonamic, que avia
seu caval' e lle morria.
Porend' a Santa Maria
do Porto pidiu merçee
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Que, se ll' o cavalo désse
vivo, poren[de] posesse
un de cera que sevesse
ant' ela que todo vee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Este escrivan del Rey era,
que do cavalo presera
mui gran coita e soubera
que morria; e merçee
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

Pidiu aa Gloriosa
que é Sennor piadosa,
que de llo dar poderosa
é, ca nossas coitas vee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

E u jazia tendudo
ja come mort' e perdudo,
fez-llo a que noss' escudo
é viver por sa merçee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

E tan toste deu levada
e comeu muita çevada.
E porem foi mui loada
a Sennor que todo vee.
En todo nos faz merçee
a Sennor que todo vee.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69