anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CD

[E]sta é de loor de Santa Maria.

Pero cantigas de loor
fiz de muitas maneiras,
avendo de loar sabor
a que nos dá carreiras
como de Deus ajamos ben,
sol non tenno que dixe ren:
ca atant' é comprida
a loor da que nos manten,
que nunca á fida.

Pero fiz com' oý dizer
que fez Santa Soffia,
que sa mealla offreçer
foy, ca mais non avia,
a Deus de mui bon coraçon;
mais o meu é mui mor don
que lle dou mui de grado,
e cuid' end' aver gualardon
mui grand' e muit' onrrado.

Ca pero o don mui pouc' é,
segund' a mia pobreza,
non catará est', a la ffe,
a Sennor da franqueza;
ca por un don, esto sey ja,
que ll'eu dé, çento me dará
dos seus mui nobres dões,
e a mia mingua comprirá
conos seus gualardões.

E poren lle quero rogar
que meu don pequen[inn]o
reçeb' e o queyra fillar
por aquel que meninno
no seu corpo sse figurou
e sse fez om' e nos salvou
por nos dar parayso,
e pois consigo a levou,
e foi y de bon siso.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Canción La Capella Reial de Catalunya. Hesperion XX. Jordi Savall