anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CDXXIV

Esta segunda é de como os tres Reis Magos veron a Beleen aorar a Nostro Sennor Jesu-Cristo e lle ofereron seus dões.

Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Esto foi quand' en Beleen
de Santa Maria naçeu
e a treze dias des en
aos tres Reys apareçeu,
que cada u per seu sen
ena estrela connoçeu
com' era Deus Rey; e poren
de longe o foron veer,
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Ben das insoas de Sabá
e de Tarsso, que son no mar,
e d'Arabia, u gran gent' á
e muitas terras de passar.
Mas pero eran lonj' alá
mui toste os fezo chegar
a Beleen aquel que á
sobre todas cousas poder.
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Ena estrela lles mostrou
com' era om' e Rey e Deus;
poren cada u lle levou...
oferta dos tesouros seus.
E a estrela os guyou
ate ena terra dos judeus,
u Erodes lles demandou:
«Que vestes aqui fazer?»
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Eles responderon-ll' assi:
«Na estrela vimos que Rey
mui nobre naçera aqui,
Sennor dos judeus e da lei».
Diss' Erodes: «Creed' a mi,
ca bon conssello vos darei:
id', e pois tornardes des i,
ar y-lo-ei eu connoçer».
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Eles foron-sse logu' enton
e viron a estrela yr
ante ssi de mui gran randon,
e começárona seguyr;
mas quand' en Beleen foi, non
se quis de sobr' ela partir,
ata que entraron u Don
Jesu-Cristo viron seer
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Nos braços da que muit' afan
sofreu con el e muito mal.
E eles logo manaman
deron-lle sa oferta tal:
ouro de que aos reis dan,
encensso por espirital,
mirra de que os mortos van
ungir por nunca podreçer.
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

Esto, ca non maravidis,
ofereron a Deus los Reys;
porend' assi os guardar quis
aquele que juntou as leis,
que per sonnos os fez ben fis,
que sonnaron vel cinc' ou seis
vezes que fossen a Tarssis
passa-lo mar por guareçer.
Pois que dos Reys Nostro Sennor
quis de seu linage decer,
con razon lles fez est' amor
en que lles foi apareçer.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códice de Toledo Mss. 10.069 BNE
manuscrito Manuscrito P. Andrés Burriel Mss. 13.055 BNE
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69