anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCC

Esta é de loor de Santa Maria.

Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

Ca ben deve razõada
seer a que Deus por Madre
quis, e seend' el seu Padre
e ela filla e criada,
e onrrada
e amada
a fez tanto, que sen par
é preçada
e loada
e será quant' el durar.
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

[O]utrossi loar devemos
a por que somos onrrados
de Deus e ar perdõados
dos pecados que fazemos;
ca temos
que devemos
por aquesto lazerar,
mas creemos
e sabemos
que nos pod' ela guardar.
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

Razõa-la ben, sen falla,
devemos, ca nos razõa
ben ante Deus, e padrõa
é noss' e por nos traballa;
e baralla
e contralla
o dem', e faz-lo estar
que non valla
nemigalla
nen nos possa mal buscar.
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

E por esto lle [de] mando
que lle non venna emente
do que diz a maa gente
porque sõo de seu bando,
e que ando
a loando
e por ela vou trobar,
e cuidando
e buscando
como a possa onrrar,
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

Mas que lles dé galardões
ben quaes eles merecen,
porque me tan mal gradecen
meus cantares e meus sões
e razões
e tenções
que por ela vou fillar;
ca felões
corações
me van porende mostrar.
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

E ar aja piadade
de como perdi meus dias
carreiras buscand' e vias
por dar aver e herdade
u verdad' e
lealdade
per ren nunca puid' achar,
mais maldad' e
falssidade,
con que me cuidan matar.
Muito deveria
ome sempr' a loar...
a Santa Maria...
e seu ben rezõar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical
Video: sh4m69 Canal youtube sh4m69