anterior    aleatorio / random   autor / author   inicio / home   siguiente / next

        CANTIGA CCCXXXII

Esta é como en u mõesteiro en[o] reino de Leon leva[n]tou-sse fogo de noite, e mató-o a omage deSanta Maria con o veo que tiinna na cabeça.

Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Ca, macar grand' elemento foi Deus do fogo fazer
e de queimar toda cousa lle foi dar tan gran poder,
mayor o deu a sa Madre, de que ele quis nacer
e pois ena carne dela foi os infernos britar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Ond' un mui maravil[loso] miragre vos contarei
que avo en Carriço, per com' en verdad' achei,
un mõesteiro que éste preto de Leon, e sei
que o fez Santa Maria por sa vertude mostrar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Aquel mõesteiro éste desta ordin de Cistel,
e á y ha omagen que ten seu Fillo, mui bel
meno, ontre seus braços, e sé en u chapitel
fremos' e mui ben lavrado, posto sobelo altar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

As donas daquel convento todas mui gran devoçon
an en aquesta omagen, e van y de coraçon
cada noit' e cada dia e fazen grand' oraçon,
e ven con sas candeas por o log' alumear.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Onde foi ha vegada que palla deitaron y
muita na eigreja toda, e era mester assy
por gran frio que fazia, e ar deitaron log' y
estadaes encendudos, como soyan deitar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

E un estadal daqueles ha monja encendeu
ontr' o altar e o coro, e o fogo s' aprendeu
del aa palla, e logo tan feramente correu
a chama del, que ss' ouvera ao altar a chegar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Mais a Virgen groriosa non quis esto consentir,
nen quis que aquele fogo podesse adeant' yr;
e porend' a ssa omagen fillou logo, sen mentir,
o veo da ssa cabeça e ant' o fogo lançar
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

O foi. E depois o fogo sol non queimou nulla ren,
ante foi tan toste morto polo prazer da que ten
en poder os elementos; ca nen u non vai nen ven,
senon quanto o seu Fillo quer en eles ordar,
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Que ordou que o veo delgado mais ca cendal
podess' amatar o fogo e non soffrer que mais mal
fezesse do que fezera, por vertud' esperital
da Virgen, ond' a omagen avia o semellar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Entonce a sancreschãa, que dormia, s' espertou
e para tanger os sinos duas consigo levou
monjas e aa eigreja foi; e pois que dentr' entrou,
viu tod' esto que ja dixe e foy-o logo contar
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Ao convent' u durmia, e disse: «Por esto vin,
por vos mostrar gran miragre que ora conteu a min;
e sei que poi-lo oyrdes, diredes, par San Martin,
que d'outro mayor daqueste nunca oystes falar».
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Log' enton a abadessa, que era bõa moller,
foi alá, e o convento ar foi y mui volonter;
e pois viron o miragre, disseron: «Muit' é mester
que dest' a Santa Maria sabiamos loores dar».
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

Enton começaron todos cantando a dar loor
aa Virgen groriosa, Madre de Nostro Sennor;
e pois deitaron-s' a prezes cab' o altar en redor,
rezando per seus salteiros quanto podian rezar.
Atan gran poder o fogo non á per ren de queimar
como á Santa Maria, quando quer, de o matar.

autógrafo

Alfonso X el Sabio


subir   poema aleatorio   Cantigas de Santa María   siguiente / next   anterior / previous
manuscrito Manuscrito Códices del Escorial Mss. 5.982 BNE
partitura / partiture Partitura musical